DeportesÚltima hora

Inés Docampo, a única atleta galega na concentración de fondo e mediofondo Sub23 da RFEA

A atleta valdeorresa Inés Docampo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Entre os atletas que están tomando parte en León na concentración do Plan Nacional de Fondo e Medio Fondo Sub-20 e Sub-23 da Real Federación Española de Atletismo (RFE) está a atleta valdeorresa Inés Docampo Gamarra, do Club Adas do Barco.

A concentración desenvolverase do 23 ao 26 de marzo e á hora de realizar os criterios de selección dos 40 atletas convocados tívose en conta que estes estiveran incluidos no Plan Dirixido na especialidade de Fondo e Medio fondo, que ademais tiveran “potencial de clasificación para as competicións internacionais Sub20 e Sub23”, así como o seu “rendemento deportivo e potencial para o ciclo olímpico 2024-2028”. Dos atletas seleccionados, Inés Docampo é ademais a única galega.

 

Inés Docampo co resto dos atletas da concentración en León./ Foto: FGA.

 

Artigos relacionados

Back to top button