Esta ten sido unha fin de semana de moitas actividades no concello de Parada de Sil. Actos que arrancaron o venres cunha visita guiada ao museo do chocolate coa persoa que vai facer o Plano de Marketing para este importante centro turístico e ese mesmo día á tarde nesas instalacións tiña lugar lugar unha das iniciativas que pon en marcha o Laboratorio de experiencias de Ribeira Sacra cunha visita e degustación coa presenza de máis que románico que trouxo visitantes de Lugo, León e A Coruña.
Xa pola tarde dábase paso á X edición do Certame de corais e grupos vocais, organizada pola Coral Aqua Música, e no que participaron A Roncalla de Cenlle, a coral Ecos do Ulla de Monterroso o coro María Soliña de Cangas de Morrazo e o Grupo Velai Vai de Bentraces ademais dos organizadores que fixeron as delicias dos asistentes veciños e veciñas e visitantes a Parada.
A Coral Aqua Música leva colaborando moitos anos co Concello de Parada de Sil en distintos eventos e, de feito, esta administración local recoñecía o Día das Letras galegas do 2019 o seu labor de difusión do galego e a divulgación do nome de Parada de Sil por todo o país nos seus numerosos concertos e mesmo fóra de España.
O alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, amosou a súa satisfacción e agradecemento os grupos participantes así como ó público asistente pedíndolle os organizadores que continúen o vindeiro ano cunha nova edición.
Fotos cedidas.


