Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima horaVídeos

Neve nunha intensa xornada no X Trail Quiroga Challenge

As fortes nevadas caídas durante as dúas últimas noites converteron en inaccesible parte dos percorridos das dúas distancias ultra do evento do trail running galego

 

Neste sábado poñíase en marcha o apartado competitivo do X Trail Quiroga Challenge, que se desenvolve polo territorio do Xeoparque Montañas do Courel. O programa comezaba de madrugada coa entrega de dorsais na modalidade ultra (entre as 5:15h. e as 5:45h.) e continuaba, despois coas do resto de probas. Xa a partir das 6h. iniciábanse as saídas, que se abrían coa dos participantes no ultra e seguían despois cos de maratón, trail, minitrail e andaina.

 

 

 

O Quiroga Trail Challenge ten dúas partes, o Trail do Castelo que se desenvolvía este sábado con cinco distancias: a ultra de 82 km tras os recortes, a ultra de 70 km, a maratón de 42 km, o trail de 29 km e o minitrail de 17 km; e o Trail do Lor, xa o domingo 25 de febreiro, con dúas distancias: o trail de 29 km e o minitrail de 16 km.

A organización da proba xa decidiu recortar as zonas máis expostas en altura de ambas as distancias a principios desta semana, en vista das previsións meteorolóxicas, buscando alternativas máis seguras para corredores e voluntarios. Igualmente acordaron esixir material obrigatorio máis acorde ás novas condicións climatolóxicas, sempre pensando na seguridade dos participantes.

 

 

“Na madrugada de hoxe arrincaron ambas as probas á hora prevista, con voluntarios apertura asegurando o correcto balizaje dos percorridos. Ao mesmo tempo, dous expertos corredores de alta montaña comprobaron a viabilidade das zonas máis altas e comunicaron ao director da proba o estado e cota da neve caída. Ante esta nova situación, a organización decidiu de inmediato neutralizar parte dos percorridos de ambas as distancias e desvialos cara ao percorrido da maratón para evitar as zonas máis altas e perigosas, posto que o acceso en vehículo resultaba igualmente complicado”, segundo informa a organización. O resto das distancias: maratón, trail, minitrail e andaina transcorreron sen alteracións.

Os podios

Con máis esforzo do habitual así se completaron os podios. Na ultra de 90 kms, o podio masculino foi para Miguel Portal Losada, do Club 21 Leguas Narón, en primeiro posto; o segundo caixón foi para José Manuel Gil Bernárdez, do AC Castelos Trail Club; e, o terceiro posto completouno Victor Maneiro Freire, do Club de Montaña Vértice.

O podio feminino formárono nesta orde, Vanessa Pérez Castelao, de Terras de Burón; Loreto Rodríguez Martínez, do Atletismo Baiona; e Lea Doppelbauer, como Independente.

Na ultra de 70 completaron a clasificación masculina Pablo Villa González (Adidas Terrex), Pablo Vecino Rey (Tribu Trail) e José Santiago Villar (Os Corzos do Ortegal). En mulleres compartiron caixón Cristina Rodríguez Villar (Running Sport Trail), Belén Rodríguez #Vidal (Spain Smiles Team) e Eugenia Gil Ballester (Chotacabras).

O podio masculino da maratón para Roberto García González (Tribu Trail), Anxo Cid Corbillón (Independente) e Marcos Antonio Pascual Fidalgo (Castro- Trail) . Ao podio feminino subíronse Angels LLobera (INOV8), Patricia Noya (Tribu Trail) e Susana Fernández López (Wolves Born to Run).

A clasificación do trail masculino foi para Miguel Vázquez Grela (Traileros Toxos & Birras), Marcos Naya Badallo (Traileros Toxos & Birras), Alexandre Otero Iglesias (CDM Vértice). As tres mulleres clasificadas foron: Anna Mengual Ripoll (CD Senen Challenge), Uxía Fernández García (Condado Trail) e Isabel Reimúndez Suárez (Club Atletismo Sada).

Por último, o podio masculino do Minitrail formárono Eloy Martínez Faro (AC Castelos Trail Club, Promesa), Iñaki González Arias (Amurrio Trail) e Eduardo Saavedra Lagares (A.D. Náutico de Narón). O caixón feminino compartírono Rosa Maria Araújo Losada (Running Sport Trail), Elena Rosell Aragón (Metas Imposibles Trail Team) e Alejandra Seoane Rial (Traileros Toxos & Birras).

A organización quere agradecer “profundamente a comprensión e o esforzo titánico que hoxe supuxo para todos, corredores e voluntarios, realizar as distintas probas e que, a pesar das inclemencias do tempo, non se sufriu ningún contratempo importante”, sinala.

P programa competitivo continuará mañá co trail e o minitrail polos territorios do Lor. Este evento deportivo reúne nesta edición a uns 1.200 participantes. No apartado das comunicación cóntase co apoio dos Radioaficionados de Trives e tamén coa colaboración das agrupacións de Protección Civil de Quiroga, A Rúa, Petín e O Barco.

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button