BaloncestoDeportesÚltima hora

Intenso, divertido e formativo Nadal para a “familia baloncestista” do MV Barco

Participaban por primeira vez no Torneo Araba Saski Cup, en Vitoria

 

A familia do MV Barco vén de completar un intenso Nadal no que ademais de divertirse e formarse, afianzaron os lazos de amizade participando en dous interesantes eventos.

Do 26 ao 29 de decembro participaban no Torneo Araba Saski Cup en Vitoria, ao que asistían co equipo infantil feminino. “Era a primeira vez que iamos polo que asistimos cun único equipo como primeira toma de toma de contacto con futura invitación para próximas edicións con máis equipo”, din dende o MV Barco. En terras vascas, os equipos estaban divididos en dous grupos para realizar a competición repartida nos
diferentes días do evento. “Foi unha experiencia moi boa destacando as instalacións tanto deportivas como de aloxamento, visitando diferentes pavillóns da cidade de Vitoria”, aseguran dende o club, destacando o recibimento por parte da organización, e a convivencia con equipos de Badalona, Zamora, Palencia e Burgos xunto cos locais con diferentes equipos do País Vasco.

 

 

Ademais, como cada ano aproveitaban o Nadal para crear un evento no que reunir a todos os que formaron e forman parte da familia do club para volver xuntarse e gozar dun intre de convivencia e deporte, que nesta ocasión celebraban o día 3 de xaneiro.

Neste caso decidían montar un evento diferente apagando as luces do pavillón e metendo 8 focos de luz ultravioleta para destacar o campo e xogadores con cores fluorescentes. “Tivemos un total de 104 participantes distribuídos en competición de 3×3 con 8 equipos sénior, 8 equipos cadete-júnior e 5 equipos infantil. Mentres que os equipos benjamín e alevín competiron en 4×4 con 3 equipos benxamín e 3 equipos alevín de 5 e 6 xogadores/as”, explica a responsable do club, Patricia Gómez.

 

 

Ela mesma destaca que a Federación convoca adestramentos para realizar seguimento e detección daqueles deportistas que máis destacan dentro das diferentes delegacións galegas nas categorías benxamín e alevín, co obxectivo de formar as diferentes seleccións que, posteriormente crean a selección galega. “Neste caso, a Federación convocou este adestramento co obxectivo de observar aos xogadores e a súa evolución para formar unha preselección galega infantil que compoñerá a futura selección infantil galega”, foi o 28 de decembro e do Barco acudían Matías e Mateo.

 

 

Fotos: MV Barco.

Back to top button