En apenas un ano de vida o club de pesca Veira do Sil conta xa con preto de 70 socios e moita actividade. De feito levan xa meses reuníndose dúas veces por semana, os mércores pola tarde no pavillón de Calabagueiros e os domingos pola mañá no Edificio Multiusos, no Barco de Valdeorras.


Teñen charlas, saídas ao mar onde se pode pescar todo o ano e varias xornadas de portas abertas con demostracións e talleres de montaxe de moscas menos convencionais. O último tiña lugar na mañá deste domingo 1 de marzo no terceiro andar do edificio Multiusos, da man de Luis Parente que impartiu un interesante taller con “hackle e parachute”, así como unha demostración de como se traballan materiais en as, colares e corpos con cervo e PLA (pata de lebre ártica). “O máis usado é a pluma de pato pero poden utilizarse moitos outros materiais”, asegura Luis, cuxo minucioso traballo era proxectado en pantalla para ver mellor cada detalle.

Xa de cara á tempada que comezará o 15 de marzo, terán quedadas pero sen data porque dependen da meteoroloxía e o caudal do río. “Nesta modalidade, bastante cerca no que tes que ir andando pola auga é moi difícil pescar co río tan alto como está polo que teremos que ver. Igual ata abril non se pode. Estaremos pendentes”, asegura o presidente do club, Javier Fernández.






Fotos: Carlos G. Hervella.