OurenseÚltima hora

Investigadas 3 persoas como presuntas autoras dun delito contra a fauna en Lobios

 

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Lobios, no marco da operación LUSKET DOCE, relativa á prevención de actos de furtivismo, vén de tomar declaración a tres persoas en calidade de investigadas, como presuntos autores dun delito contra a fauna. Isto tiña lugar despois de localizar no interior dun vehículo o cadáver dun exemplar macho da especie Capreolus Capreolus (Corzo) e varias armas con munición do mesmo calibre.

A patrulla procedeu á intervención, tanto das armas e municións como do espécime abatido, ao obxecto de que por parte dos Servizos Oficiais da Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia fose practicada a preceptiva necropsia ao obxecto de establecer a causa da morte do animal, segundo informa a Garda Civil.

O día 28 de xaneiro de 2026, á vista dos resultados da necropsia, pola citada Patrulla do SEPRONA procedeuse a tomar declaración en calidade de investigados a estas persoas, como presuntos autores dun delito contra a fauna, ao non atoparse en período hábil de caza, non poder demostrar a lícita procedencia do animal nin formar parte de ningunha batida, montería ou rececho.

Back to top button