CulturaCulturaMúsicaVídeos

Iria Folgado e o cuarteto de corda enchen o Teatro Lauro Olmo do Barco cos ‘Ecos de Breogán’

 

Da Filarmónica de Berlín ao escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras. Na noite do venres 14 de novembro a artista galega que triunfa como solista na Konzerthausorchester, Iria Folgado, conquistaba ao público que enchía a sala, coa presentación  do seu proxecto máis persoal ‘Ecos de Breogán’.

 

 

Acompañada polo cuarteto de corda formado por Iago Domínguez (violonchelo), Diana Poghosyan (violín), Sara Areal (violín) e Marta Rodríguez Otero (viola), a oboe convertíase no fío condutor dunha experiencia musical que fusiona a tradición celta co vibrante repertorio de cámara británico e unha obra do compositor galego Fernando Buide.

 

 

No seu debut discográfico, Iria Folgado bordou un concerto que remataba co tema de Fernando Buide del Real (n.1980) Adagio para corno inglés (2003-2004)

PROGRAMA DE CONCERTO

Elzabeth Maconchy (1907-1994)
Quintet for Oboe and Strings (1932)
I. Moderato
II. Poco sostenuto
Ill, Allegro non troppo

Ralph Vaughan Williams (1872-1958)
Six Studies in English Folksong (1926)
I. Adagio “Lovely on the Water’
II. Andante ‘Spur Point
Ill. Larghetto ‘Van Diemen’s Land’
IV. Lento ‘She Borrowed Some of Her Mother’s Gold
V. Andante ‘The Lady and the Dragoon”
VI. Allegro ‘As I Walked over London Bridge’

Arnold Bax (1883-1953)
Quintet for Oboe and Strings (1922)
I. Tempo molto moderato
II. Lento espressivo
Ill. Allegro giocoso

Fernando Buide del Real (n.1980)
Adagio para como inglés (2003-2004)

 

 

Fotos e vídeos cedidos.

Back to top button