Cultura

A IV andaina cultural de Monumenta discorrerá o día 15 pola Ribeira Sacra

A cita ofrece un percorrido a pé para descubrir o patrimonio industrial e a xeoloxía desta zona, ao seu paso por Parada de Sil
A programación de Monumenta inclúese nas actividades postas en marcha pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta.
A programación de Monumenta inclúese nas actividades postas en marcha pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta.

Os amantes da natureza e do patrimonio cultural de Galicia teñen unha cita ineludible o vindeiro día 15. A cuarta edición da Andaina de Monumenta propón para o vindeiro día 15 un percorrido a pé para descubrir o patrimonio industrial e a xeoloxía da Ribeira Sacra ao seu paso polo concello de Parada de Sil.

Para participar, os interesados deben facer unha inscrición previa dentro do prazo que remata o día 14. A oferta inclúe un percorrido polo canón escarvado no granito no río Mao, visita ás marmitas de xigante e descubrimento da xeografía da contorna e do patrimonio construído, así coma outras paisaxes naturais do marco da Ribeira Sacra.

O roteiro contará co xeólogo Eduardo González e co xeomorfólogo Juan López Bedoya, que serán os camiñantes convidados desta nova ruta a pé. Tamén atravesarán a necrópole medieval de san Vítor de Barxacova, do século IX.

A programación de Monumenta, que inclúe actividades de acceso libre e outras con inscrición previa, pode consultarse na Axenda de Cultura de Galicia, na web www.cultura.gal. Inclúese dentro das actividades organizadas pola Consellería de Cultura e Educación, a través da Secretaría Xeral de Cultura.

Artigos relacionados

Back to top button