A VeigaConcellosÚltima hora

IV Exposición Agrogandeira de Trevinca, os días 19 e 20 de outubro na Veiga

Foto:O SIL.

 

Na fin de semana do 19 ao 20 de outubro a zona de O Coiñedo (A Veiga) será escenario da IV Exposición Agrogandeira de Trevinca “Crianza Trevinca”, unha cita que “aspira a convertrrse en referente do sector gandeiro”, ademais durante toda a fin de semana haberá unha mostra de produtores e artesáns. A súa inauguración está prevista ás 11h. do 19 de outubro.

 

 

Por outra banda, nesa fin de semana desenvolverase a experiencia “Lúca do Cazador” o 19 de outubro, que consistirá nun taller de fotografía nocturna, observación nocturna e cea con productos locais.

Esta experiencia repetirase o 16 de novembro coa “Lúa do Castor” e o 14 de decembro coa “Lúa Fría” con experiencias similares. Paralelamente a estas actividades, o Concello e a Oficina de Turismo de A Veiga abren as bases do VIII Concurso de fotografía “Lúas de Trevinca”.

Bases do VIII Concurso de Fotografía Lúas de Trevinca 2024

Back to top button