OurenseÚltima hora

IV Festa da Carne ao Caldeiro en Prado de Sande (Cartelle), o 20 de abril

Imaxe da pasada edición./ Cedida.

 

O vindeiro sábado, día 20 de abril terá lugar a cuarta edición da Festa da Carne ao Caldeiro na localidade do Prado de Sande, Concello de Cartelle. Un evento que xa está consolidado e que conta con reunir ao redor de 300 comensais, superando ano tras ano o número de participantes.

A cea, que dará comezo a partir das 21,30 horas, baixo carpa, estará composta por: empanada de carne de raza cachena; carne ao caldeiro de tenreira con patacas cocidas e chourizos ao viño; pan; viño e refrescos; sobremesa de requeixo con mel e bica, e licores como colofón. Un menú do máis atractivo para os amantes da boa gastronomía galega de calidade na a materia prima xoga un papel esencial.

O prezo mántense en 20€ e os tickets poden mercarse no teléfono 669 563 241 antes do 18 de abril, ou nos establecementos colaboradores sitos no Concello de Cartelle: Café Bar A Loureira (Sande), Café Bar Santi (Cartelle) e no Bar Os Cubanos (Outomuro).

Como en toda boa festa, non faltará a animación musical da man da charanga Os Bandiños de Bande e, tras a cea, II Festa da Xuventude coa mesma charanga e Disco Móbil Verbena. Haberá servizo de bar e inchables para os máis cativos.

 

 

Unha pequena aldea que se consolida nas citas gastronómicas

Tras catro anos a cifra de comensais segue en aumento. Destacar que na aldea non viven habitualmente máis de 20 persoas, e nese día a cita gastronómica atrae ao redor de 300 persoas. Moito traballo que ten a súa recompensa en comensais satisfeitos gozando da festa.

A boa calidade da comida, así como a súa abundancia e sabor, xúntanse co esforzo dun equipo de veciños e veciñas que se afanan en ter todo preparado dende primeirísima hora da maña. Dende pelar patacas, a cortar a carne, preparar as sobremesas… para que todo aquel que ven, desfrute, repita e o conten.

Dende a organización queren agradecer a colaboración de todas as empresas privadas, así como a Asociación Cultural Entroido As Bonitas de Sande e o Concello de Cartelle.

Artigos relacionados

Back to top button