DeportesÚltima hora

Iván Álvarez e o seu can Suri, gañan o Campionato Provincial de Caza Menor

Os premiados do Campionato provincial de caza menor./ Foto cedida.

 

Na xornada do sábado 24 de outubro celebrábase no Tecor Societario da Porqueira, o Campionato Provincial de Caza Menor con can. Unha competición moi desputada entre todos os participantes no que Iván Álvarez Pena facíase co primeiro posto. “Foi unha proba con moita rivalidade e estou moi contento polo gran traballo de Suri”, asegura o gañador, orgulloso do seu can.

O segundo posto foi para Luis García Álvarez con Xesta, o terceiro para Jaime Pintos con Chuvia, o cuarto para Jorge Vázquez con As e o quinto para Miguel Cid con Timba.

Dende a Federación Galega de Caza en Ourense, o seu presidente, Vicente Lameiro, agradece a colaboración do presidente do Tecor da Porqueira, así como a todos os participantes por ter asistido e “por suposto á organización por parte da Federación Galega de Caza en Ourense”.

 

Back to top button