A igrexa parroquial de Santa Mariña acollía na tarde do sábado 14 de xuño a celebración do IX Certamen de Corais en Parada de Sil. Este concerto está organizado pola Coral Aqua Música co patrocinio do Concello, a Deputacion de Ourense e Ponte da Boga, e nesta ocasión estaba dedicado ás cantareiras e pandeireteiras.
Nel actuaban, ademais da coral organizadora, a Coral Polifónica Alborada de Viveiro, a Coral Polifónica de Agolada e un grupo de pandeireteiras de Santiago de Compostela, Clandestinas, polo que por primera vez ás catro provincias galegas tiveron representación neste evento.

Os participantes facían desfrutar ao público, que encheu a igrexa, e salientaban a beleza do concello converténdose en embaixadores de Parada de Sil. Ademais destacaban o compromiso deste concello coa celebración de actos culturais.
Pola súa banda, o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, agradecía a organización deste evento á Coral Aqua Música, así como o esforzo das formacións musicais para asistir a este certame. Ademais animaba a directiva de Aqua Música a preparar unha nova edición.
O acto concluía cunha actuación conxunta das corais participantes.
Fotos cedidas.
