O escenario do 9º SilFest Valdeorras cobraba vida da man de Javier Lago a partir das 20:30h. deste venres 4 de xullo á beira do Sil, na praia fluvial do Barco. A súa actuación abría o programa musical deste venres, que continuaba co son de Hawkins Djs.
Despois a forza do directo de Repion, unha banda protagonizada polas dúas irmás cántabras María e Teresa, nun animado ambiente á beira do río.
Fotos: A.R.
Vídeos: O SIL.
5 de Xullo de 2025