
Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que celebrará a súa 27ª edición en Expourense do 19 ao 22 de novembro, quere consolidarse tamén como un punto de encontro ao finalizar a xornada laboral, ofrecendo ao público a posibilidade de achegarse ao recinto para desfrutar da música, tomar algo ou cear no Mercado Enogastronómico.
Con este obxectivo, o mercado acollerá concertos de bandas galegas todos os días de celebración do salón, ás 15 e ás 22:30 horas, excepto o domingo, xornada na que a feira pechará as súas portas ás 18 horas. No día da inauguración, xoves 19 de novembro, será Javier Ojeda que actúe a partir das 19:30 horas.
O cantante malagueño, líder de Danza Invisible, estivo hai uns anos na Rúa presentando o seu su sexto álbum en solitario DeCantando, no marco dun ciclo promovido pola Deputación de Ourense “Decantando viños ourensáns” que combinaba a vangarda musical dos temas de Javier Ojeda coa tradición monumental e vitivinícola da provincia de Ourense, con cancións co viño e outras bebidas alcohólicas como eixe central, de diferentes estilos.
