DeportesPiraguismoÚltima horaVídeos

Jesús Rodríguez (Fluvial Barco) vence novamente o Descenso do Sil, desta volta en K2

O Fluvial Barco era o mellor club desta competición e sumaba un total de 7 podios

 

Pouco antes das seis e media desta tarde cruzaba a liña de meta do 56º Descenso do Sil-Memorial Julián Trincado a primeira das piraguas en competición. Tratábase do K2 de Jesús Rodríguez León (Club Fluvial Barco), compartido con Guillermo Fidalgo, que se impoñía novamente nesta proba.

A partir de aí ían chegando os barcos do resto de participantes, nesta edición que conta cun total de 162 embarcacións inscritas, segundo datos feitos públicos pola Federación Galega de Piragüismo.

O Fluvial Barco tamén se impoñía como mellor club da proba (con 1.018 puntos) e sumaba, ademais do de Rodríguez León, outros podios: Carlota Díaz ganaba en cadete K1, José Antonio Girón impoñíase en K1 veteranos e Fernando García era terceiro nesa mesma categoría, Saúl Rodríguez era segundo en K1 sénior, Hugo Rodríguez segundo en K1 xuvenil, e Darío Gil León e Paulo Vázquez, terceiros en K2 cadete.

Fotos: O SIL/Cedidas.

Vídeos cedidos

 

Artigos relacionados

Back to top button