A Comisión de Festas de Viloira quenta motores para a celebración da Festa de Fin de Ano que contará coa actuación de Jorge Ferré, excantante da orquestra Panorama entre a 1:00 e as 2:00 da madrugada e despois Dj Isra na Discoteca Opium.
A entrada, con aforo limitado a 500 persoas, custa 15 euros e inclúe: unha consumición, cotillón e unha rifa para participar no sorteo dunha viaxe dunha semana a Ibiza que se realizará ás catro da mañá.
A festa celebrarase nunha carpa acondicionada con calefacción e haberá zona de bocadillos. No Bar Anj3l poderanse mercar rifas.
