
José Ángel Rodríguez Herrero da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Parada de Sil resultaba elixido como “mellor voluntario do ano” na X Xornada de Convivencia de AVPC celebrada neste 27 de xuño en Baños de Molgas, segundo informa o Concello de Parada de Sil.
Acompañaron o galardonado un grupo de voluntarios e o alcalde, Aquilino Domínguez, tamén membro desta asociación de voluntarios. O rexedor sinalaba que “Herrero é unha persona que pon todo o seu tempo ao servizo dos demais, participando sempre o primeiro en apagar lumes, excarcerar feridos en accidentes e mesmo en rescatar a sendeiristas perdidos”.
Ademais, Aquilino Domínguez agradecía publicamente está dedicación “clave e imprescindible para que, entre otras cousas, os múltiples eventos, carreiras, andainas, concertos… que se celebran en Parada cheguen sempre a bo fin”.
Herrero era o primeiro dos tres mellores voluntarios do ano escollidos pola Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Ourense. No acto participaban autoridades como o director xeral de Emerxencias, o subdelegado do Goberno en Ourense, o presidente da Deputación ou o delegado da Xunta na provincia.


