EconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaViticultura

José Manuel Delgado, novo presidente da Cooperativa Jesús Nazareno-Vinos Barco

Encabeza un consello reitor do que tamén forman parte José Luis Mateo como vicepresidente, Francisco Prada como tesoureiro e José Luis Pérez como secretario, ademais de 5 vogais

Novo consello reitor da Cooperativa Jesús Nazareno-Vinos Barco, cuxo presidente é José Manuel Delgado (o primeiro á dereita na primeira fila)./ Foto cedida.

 

A Bodega Cooperativa Jesús Nazareno do Barco celebraba esta mañá de 21 de decembro a súa asemblea anual un de cuxos puntos era a elección de novo consello reitor, para o que se contaba cunha única candidatura que resultaba apoiada e que estaba encabezada por  que resultaba José Manuel Delgado, viticultor de Biobra (Rubiá) que xa formaba parte do equipo directivo anterior como vogal. Delgado á fronte dun equipo do que tamén  forman parte José Luis Mateo como vicepresidente, Francisco Prada como tesoureiro e José Luis Pérez como secretario (cargo que xa ocupaba no anterior consello reitor), ademais de cinco vogais.

“Tocaba renovación de cargos do consello reitor nesta asemblea e, aínda que houbo alguna nova incorporación, a maioría dos cargos xa proceden do antigo consello reitor”, explica o director comercial da Cooperativa Jesús Nazareno-Vinos Barco, Alfredo Vázquez.

Comeza así unha nova etapa para esta adega, un dos principais referente da Denominación de Orixe Valdeorras, se ben a intención é manter unha liña continuísta coa traxectoria seguida ata o de agora. “Cando hai unha nova dirección sempre se produce algún cambio, agora entre todos terán que analizalo claramente e ver a liña que imos ir desenvolvendo como foco, pero non vai haber cambios bruscos, senón que as decisións iranse tomando vendo como vaia evolucionando a produción e os mercados”, indica o director comercial de Vinos Barco.

Esta asemblea, celebrada nas instalacións da cooperativa, contaba cunha importante asistencia de socios e no seu decurso tamén resultaban aprobadas as  contas da pasada campaña e o balance de actividade, que “foi positivo e entón era o reparto de retorno cooperativo e o peche o exercicio Todo foi aprobado sen ningunha modificación do que plantexou o consello reitor”, concluía Alfredo Vázquez.

 

 

Back to top button