ConcellosEconomíaEconomíaEn portadaO BarcoÚltima hora

Juan Carlos Escotet, presidente e CEO de Abanca, reúnese con empresarios valdeorreses no Barco

A axenda incluíu visitas a Cupa Group e á oficina do banco no Barco, ademais dun encontro co persoal do banco na comarca

 

ABANCA vén de desenvolver diferentes actividades  neste 14 de novembro na comarca de Valdeorras “para reafirmar o seu compromiso coa provincia de Ourense, e en especial coa súa zona nororiental tras a onda de incendios deste verán”. A xornada tivo un marcado carácter empresarial e contabau coa participación do presidente do banco, Juan Carlos Escotet Rodríguez, e o conselleiro delegado, Francisco Botas.

É a segunda ocasión no último mes e medio na que ABANCA celebra actividades de relevancia en Ourense, tras a sesión do Consello de Administración, máximo órgano de goberno do banco, que tivo lugar o pasado 29 de setembro. Nela ratificouse o Plan de Acción da entidade para apoiar aos colectivos afectados polos incendios en Galicia, León e Estremadura.

 

 

Encontro con empresarios

Como parte da axenda da xornada de hoxe, o presidente e o conselleiro delegado de ABANCA mantiveron un encontro con empresarios e responsables de organizacións empresariais de especial relevancia na comarca. A cita serviu para analizar a contorna económica actual e para reiterar o apoio da entidade financeira ao tecido produtivo ourensán. Tamén no plano empresarial, os directivos do banco visitaron as instalacións de Cupa Group e unha das súas canteiras.

Doutra banda, a xornada incluíu unha visita á oficina de ABANCA no Barco de Valdeorras e un encontro co equipo das demais oficinas da entidade na comarca.

 

 

Entidade financeira líder en Ourense

ABANCA lidera o mercado financeiro de Ourense e é tamén o principal financiador do seu tecido económico. “Ademais xoga un papel esencial na inclusión financeira da súa poboación, ao dispoñer de 82 oficinas na provincia e ser a única entidade financeira en 59 dos seus concellos”, destacan dende a entidade.

Fotos: cedidas agás as dúas primeiras da galería que son de Carlos G. Hervella.

Back to top button