Como previa ás Festas de Santiago Apóstolo e Santa Ana que se celebrarán do 24 ao 26 de xullo, as pistas do Poboado de Iberduero, en Petín, acollían o XXVI torneo de tenis Memorial Juan Pablo Vieites que se celebraba entre o 12 e o 20 deste mes.
A entrega de premios tiña lugar na tarde do domingo día 20, resultando campión absoluto Julio López que derrotaba na final a Miguel Blanco por 7-5/6-1. En semifinais Julio vencía a Jonatan Domínguez por 6-3/6-2 e Miguel a Enrique González por 6-1/6-1.

Julio era tamén campión en veteranos +35 tras vencer na final a Cristian Gil por 6-1/6-0. En semifinais Julio vencía a Javier Rocha por 6-0/6-0 e Cristian a Enrique González por 6-4/6-0.
Na categoría alevín Pedro Merino era o campión tras vencer na final a Rafael Gudiña por 6-3/3-6/13-11. “Partido disputadísimo no que os dous xogadores tiveron bola de partido”, aseguran dende a organización.
Coma sempre, o torneo foi organizado polo Concello de Petín coa colaboración do Club de Tenis Rúa e Ortopedia Petín.

Fotos cedidas.