DeportesFútbolÚltima hora

Justo Gamarra, agasallado coa bandeira do Celta que estaba colocada no Concello do Barco

Cedida.

 

Justo Gamarra Val “Tito”, veciño do Barco de 92 anos de idade, é afeccionado do Real Club Celta de Vigo máis antigo no municipio. O seu pai fíxolle o carné hai máis de 80 anos, e desde entón vive as cores con paixón.

Hai uns días Tito comentoulle ao seu fillo que lle faría moita ilusión ter a bandeira editada polo club para enviar aos concellos pedindo o seu apoio cara a lograr entrar en postos europeos nesta tempada.

A súa ilusión chegou a oídos do alcalde, Alfredo García, que na mañá deste 25 de xuño fíxolle entrega da bandeira que recibía o Concello do Barco hai unas semanas. “A enseña, que estivo pendurada no balcón da Consistorial durante a semana decisiva deste tempada, non pode estar en mellores máns. Que Tito a disfrute durante moitos anos”, din dende o Concello do Barco-

Back to top button