CulturaCulturaÚltima horaVídeos

K’Paparota Teatro engaiola aos cativos do Barco cunha viaxe máxica con títeres e lendas galegas

 

Na tarde deste sábado 26 de setembro, os cativos do Barco de Valdeorras asistían a unha viaxe máxica con títeres e lendas galegas, na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán.

Era a proposta de K’Paparota Teatro que por primeira vez presenta no circuíto FalaRedes, de Política Lingüística, o seu espectáculo Latexos, deseñado para o desfrute de toda a familia, especialmente cativos a partir de tres anos.

 

 

Nesta montaxe chea de humor, Patricia Cameán mergullou aos pequenos no fascinante mundo das lendas galegas. A través de enxeñosos obxectos cotiáns e entrañables monicreques, a obra tecía un relato máxico que capturou a imaxinación da audiencia pequena que desfrutou dunha viaxe chea de fantasía onde, seguindo o rastro sen perderse, axudaban á protagonista a atopar os lendarios poliños de ouro.

Unha experiencia teatral única que combina tradición, diversión e a maxia do folclore galego.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button