Con moito colorido, ritmo e mesmo acrobacias, se desenvolvía a primeira xornada das festas de verán na Rúa. Na noitiña do venres 1 de agosto, era La Banda de Ayer, a primeira en actuar no Aguillón co primeiro pase do seu espectáculo “Inimitables” nun percorrido musical polo rock dos anos 80 e 90 que fixo bailar aos asistentes.
No descanso era a quenda da orquestra Kubo que despregaba sobre o escenario un auténtico espectáculo de luces, música e baile.
Xa de madrugada e sen descanso, chegaban os segundos pases de ambas agrupacións rematando co apoteósico final de Kubo.
Fotos cedidas.