EconomíaEconomíaÚltima hora

‘La Maltería’ reabre as portas con nova xerencia, na praza Andrés de Prada (O Barco de Valdeorras)

 

Nova imaxe e nova xerencia. Tras uns meses pechado, na tarde do mércores 29 de outubro reabría ao público ‘La Maltería’ mítica cafetería-cervexería na praza Andrés de Prada, no Barco de Valdeorras.

 

 

Con ilusión e importantes cambio na decoración, en tons máis claros, a “Nova Maltería” está xa en marcha. Un novo local de hostalaría no que compartir un café, un viño ou unha cervexa, ademais de pinchos e tapas variadas.

O día da inauguración deleitaba aos asistentes cun cortador de xamón para todos. A partir de aí o horario de apertura é de 8 da mañá a 12 da noite os luns, mércores e xoves; de 8 a 2 horas os venres; de 9 a 2 horas os sábados; e de 10 a 00 horas os domingos. O martes pechará por descanso.

 

 

Fotos: Carlos G. Hervella.

Back to top button