CulturaCulturaÚltima hora

‘La senda dorada’, novo libro do vilamartinés David Daniel Vázquez Álvarez

 

Son moitos os libros que David Daniel Vázquez leva escritos ao longo da súa vida, individualmente e tamén con colaboracións e de temática moi variada, novelas e obras infantís. Títulos como O ruliño branco; Orballo da mañá; Na solaina; Améndoas e flores silvestresO aprendiz de druida; Sempre en agosto; Diario de Brian, o chinés, Amencer dende a penumbra ou Mi capitán… a quien disparo, aos que se suma un novo, La senda dorada, publicado neste 2026.

Despois de varias décadas mergullado entre historias, este escritor e mestre xubilado natural de Arcos (Vilamartín de Valdeorras) vén de publicar a dun mozo taíno que viu cambiar o seu mundo para sempre. Cunha voz íntima e poderosa, David pon nesta ocasión o foco na mirada indíxena durante a Conquista. Con figuras reais como Guacanagaríx, Caonabo, Anacaona ou Colón, esta novela mestura crónica histórica e memoria persoal para relatar o que supuxo o inicio da mestizaxe, a dor do desarraigamento e a resistencia dun pobo que non se deixou borrar.

Unha novela de 290 páxinas editada por Grupo Editorial Círculo Rojo SL “emocionante e necesaria” contada a través dos ollos de Abey (despois chamado Martín), o mozo que desde a súa aldea en Marien, entre rituais sacros, xogos de batú e visións ancestrais, é testemuña directa da chegada dos primeiros homes brancos á súa illa. O que comeza con curiosidade e hospitalidade pronto se converte en desconfianza, refugallo e silencio.

 

Back to top button