ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Labores de limpeza e pintado da ponte de acceso á vila de Viana do Bolo dende a OU-533

 

Durante estes días desenvolvíase labores de limpeza e pintado da ponte de acceso á vila de Viana  do Bolo dende a OU-533 (A Rúa-A Gudiña. Esta intervención facíase logo da petición transmitida dende o Concello de Viana do Bolo ás institucións competentes, tal e como informa o grupo de goberno local.

“O obxectivo é ofrecer unha entrada máis coidada e agradable para a veciñanza e para todas as persoas que nos visitan”, explican.

Tamén se indica dende o equipo de goberno vianés que “estas actuacións forman parte do compromiso municipal co mantemento e conservación das infraestruturas e coa mellora da imaxe do noso concello”.

 

Back to top button