Diversos voluntarios que chegaban onte a Valdeorras, coordinados por Adega, están xa a traballar dende primeira hora nos montes queimados de Valdeorras. Un dos puntos da actuación é a zona situada por riba de Forcadela (O Barco), onde os voluntarios de Protección Civil do Barco deixaban xa na tarde de onde diversas pacas de palla.


Esta mañá comezaban estes labores para tratar de paliar os danos ocasionados pola vaga de lumes do pasado agosto. Ata o lugar tamén se desprazaba o alcalde do Barco, Aurentino Alonso, así como membros de Protección Civil.
Fotos e vídeos cedidos.

