
A viceportavoz segunda do grupo socialista no Parlamento de Galicia e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acompañada por diversos cargos provinciais e comarcais do partido, denunciaba esta tarde xusto antes do inicio da manifestación en defensa da sanidade pública no Distrito de Valdeorras, “o desmantelamento paulatino e continuo que está facendo o PP da nosa sanidade, que supón o maior patrimonio a nivel persoal que temos, que é conservar a nosa saúde, polo tanto, vimos a acompañar aos veciños de Valdeorras, de toda unha comarca e a defender a sanidade pública”.
Méndez apuntaba que este deterioro da sanidade estase a ver no conxunto de Galicia “xa que por desgraza a situación da sanidade é algo transversal, en todos os concellos hai unha perda de servizos, un destamentalamento da sanidade, empezando pola atención primaria, esa primeira porta de entrada ao sistema asistencial, e seguindo polos hospitais comarcais como é o do Barco, onde se van perdendo servizos en moitas disciplinas, dende neumoloxía, pediatría… O que queremos é reivindicar unha sanidade próxima e cercana e que a xente non teña que desprazarse a Ourense ou tamén facilitar que médicos aos que lles gustaría estar aquí pero que, pola situación precaria que se lles ofrece marchan a en concellos limítrofes como o de Ponferrada, se queden”.
A viceportavoz segunda do grupo socialista no Parlamento lembraba tamén que dende esta formación política se teñen presentado diferentes iniciativas nesta cámara para mellorar a sanidade. “Algunhas eran específicas sobre Valdeorras e moitas xerais, porque, por exemplo, a nosa compañeira Elena Espinosa defendía no último pleno unha proposta relativa ás listas de espera, que é outro denominador común de todos os concellos porque non é lóxico que se teña que agardar 10 ou 15 días para que unha persoa sexa atendida polo seu médico de cabeceira, o médico que coñece ao paciente e sabe como evoluciona e iso é unha mostra clara e manifesta do deterioro que está a sufrir todo o sistema sanitario, empezando pola atención primaria”.

Tamén apuntaba que o socialista Xosé Ramón Gómez Besteiro ten defendido tamén no Parlamento galego que “por lei se compremetese a Xunta de Galicia, o PP, a que en menos de 48 horas todo cidadán poida ser atendido polo seu médico de cabeceira e lamentablemente ese partido votou que non, poñendo de manifesto cal é a súa acción política e o pouco interese que ten na atención primaria, como digo, empezando pola situación precaria que están vivindo os facultativos e seguindo con como se van deteriorando todos os hospitais comarcais e centros de saúde e toda a sanidade en xeral”.
Fotos: O SIL.
