ConcellosLaroucoÚltima horaVídeos

Larouco celebra o día grande das festas na honra á Virxe dos Remedios

 

Larouco vive hoxe o día grande das festas patronais na honra á Virxe dos Remedios. O acto central era a procesión coa imaxe da Virxe que saía da igrexa parroquial ás 12 horas percorrendo boa parte da vila levada nesta ocasión por catro homes (as mulleres vestidas de galegas ían detrás) seguida de numerosos devotos. De volta na igrexa tiña lugar a eucaristía presidida polo párroco José Fernández de Abajo e cantada pola Coral Candea de Viana do Bolo que onte actuaba nas Ermidas (O Bolo).

 

 

O programa das fesas, abríase coma sempre na tardiña do venres coa pancetada e incluía orquestras, djs e ata un campionato de petanca. O broche final poñerao hoxe o Trío Area Musical que animará o baile en sesión de tarde dende as 20 horas.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Back to top button