Larouco é un dos moitos pobos galegos cuxas festas patronais honran á Virxe dos Remedios, unha festividade que se celebra na xornada deste martes 8 de setembro. Despois dunha fin de semana de feas con música e torneos, no mediodía de hoxe comezaba un dos actos máis destacados dos festexos: a procesión polas rúas da localidade.
Encabezando a comitiva, un grupo de mulleres vestidas de galegas con caraveis na man acompañaban á imaxe de Santa María dos Remedios, levada a ombros por catro mulleres, ao sacerdote, á banda de gaitas Abertal e aos fieis. Trala procesión, a igrexa parroquial acollía a celebración da eucaristía.

Pola tarde, os festexos continuaban coa actuación do grupo Amanay encargado de amenizar o baile a partir das 20 horas.

Fotos: Mónica G. Bellver