Só dous días despois de rematar o De Perto 2026, comezaba no Barco de Valdeorras outro ciclo, desta volta unicamente musical. Na tardiña deste domingo 2 de agosto, o paseo do Malecón acollía a primeira actuación do VII Terrarón enmarcado nos Concertos do Xacobeo, a cargo de Las Nietas del Charli.
Formado polas irmás María e Raquel Rubio, o dúo madrileño é hoxe un dos fenómenos da canción alternativa e o folk estatal. En Madrid encheron salas como o Café Berlin, Clamores ou a Sala Villanos, e levaron a súa música de xira por países como Francia, Chile ou Suíza, chegando ao Barco acompañadas por Rubén Carlés ao contrabaixo e Borja Barrueta á batería para presentar o seu segundo disco Conjuro, con temas como La Montaña ou Trece, cancións poéticas para interpretar.

Entre melodías abertamente pop e un afán case progresivo, as súas cancións -longas, temperadas e de voces entrelazadas- fuxen da inmediatez para reformular desde novos lugares a canción alternativa, conquistando ao público.
A seguinte cita será o 7 de agosto con Los Brazos, ás 23 horas na rúa Abdón Blanco.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.