CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Lembranza aos afectados pola DANA na exitosa estrea de ‘Alimañas’ de Gargallada Teatro, no Barco

A compañía valdeorresa comunicaba que o recadado na función será doado aos damnificados pola catástrofe

 

Unha vez máis Gargalla Teatro conquistaba ao público valdeorrés. A estrea da súa nova montaxe, “Alimañas”, enchía as butacas do Teatro Lauro Olmo do Barco. Preto de 250 persoas asistían a esta función na tardiña do 1 de novembro, a cuxo inicio un dos representantes da compañía, Manuel González, anunciaba que o recadado ía destinarse ás persoas damnificadas pola DANA.

A partir de aí cobraba vida “Alimañas”, unha comedia de humor negro con dirección de César Goldi e Manuel Caramés, que conta a historia de Mara, unha vella estrela de cine que vive retirada na súa mansión xunto co seu marido e o director e a guionista das películas que lle deron tanta fama. Esa convivencia cambia por completo cando Mara toma a decisión de vender a casa.

Esta obra ten guión orixinal de José Martínez Suárez, adaptado por Gargallada, e está interpretada por Aurora Fernández, Xosé Lois Conde, Reyes Limia, Manuel Caramés, Carmen Hernández, Manuel González e Álvaro Baños.

 

 

Da iluminación e son encárgase Vanesa Yáñez (Ton& Son), da cartelería Ana Redondo, da carpintería Raúl Veleda, da escenografía Luis E. Rodríguez Coquixo e Manuel Caramés e da fotografía vídeo Víctor Santos. A compañía agradece a colaboración de Cristina Benito, Conchi “Mayayo”, Charo López e Xocas Miranda.

 

 

Aqueles que non puideran asistir esta tarde ao teatro teñen outra oportunidade de desfrutar desta obra mañá, 2 de novembro, ás 21h. no mesmo Teatro Lauro Olmo da vila do Barco.

Fotos e vídeo: O SIL.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button