Despois de anos se verse, nalgúns casos cincuenta, o 25 de outubro de 2025 reuníanse no Pablo VI da Rúa unha corentena de antigos alumnos, na que sería a I xuntanza da promoción 1969-1976. Foi unha emotiva xornada de reencontros e convivencia que prometían repetir. E así o facían, nesta ocasión un mes antes.



Na xornada deste sábado 26 de setembro, despois de 52 anos, volvían reunirse no centro escolar rués algúns dos compañeiros desa promoción. Non todos, porque moitos por motivos de saúde ou xeográficos non puderon asistir “pero xa que decidimos empezar hai que seguir”, asegura Evaristo, un dos promotores da xuntanza, contento porque a xente acudía aos diferentes actos programados.




Un deles era a misa oficiada na capela do colexio polo director, D. José Fernández de Abajo, coas lecturas por parte de ex alumnos. Ademais, na homilia o sacerdote facía referencia á reliquia de San Pablo VI que conservan no colexio (un trozo da camiseta que levaba cando sufriu un atentado en Manila en 1970, con manchas de sangre a causa das dúass puñaladas que recibiu no aeroporto) e que os asistentes bicaban.
Igual que o ano pasado, a II xuntanza de alumnos da promoción de 1969/ 1976 do colexio Pablo VI da Rúa remataba na Fonda o Pillabán, en Fontei, onde compartiron mesa, charlas e lembranzas xa que algúns non se volverán ver ata a vindeira xuntanza.


Fotos e vídeo: O SIL.