ConcellosO BarcoÚltima hora

Lévanse por diante un semáforo, un sinal e unha papeleira nunha beirarrúa do centro do Barco

 

As persoas que nesta mañá cruzaban a avenida Conde Fenosa do Barco, á altura do cruceiro situado entre esta rúa e Eulogio Fernández ,atopábanse coa sorpresa de que non había semáforo. Alguén levábase por diante tanto este semáforo como unha papeleira e un sinal que estaban colocados moi próximos. O suceso producíase arredor das 7h. deste 6 de abril.

Agora mesmo o punto está sinalizado e os transeúntes teñen que cruzar con precaución xa que nese lado da avenida non hai semáforo para poder pasar a vía.

Fotos: O SIL.

 

Back to top button