Pasadas as tres e media desta tarde deste domingo 7 de xullo, un particular comunicaba ao 112 Galicia que unha furgoneta envorcara en Muíños, na OU-540, quilómetro 55.2, á altura de Parada de Ventosa. “Segundo relataba”, indica o 112 Galicia, “o vehículo estaba no medio do carril e o condutor estaba ferido e atrapado no interior do vehículo”.
Ata o lugar, tras ser avisados polo 112 Galicia, acudían de inmediato o o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os membros do GES e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Muíños, a Garda Civil de Tráfico e o persoal de mantemento da vía.
Tras liberar ao ferido, os membros do GES confirmaron que foi necesario romper o parabrisas do vehículo para poder evacualo e que en ningún momento esa perdsoa perdera a consciencia. O ferido foi trasladado ao Hospital Universitario de Ourense.
