OurenseÚltima hora

Liberado un home tras quedarlle atrapada a perna no gardalama do seu tractor en Padrenda

 

Un home tiña que ser liberado estat tarde, tras quedarlle a perna atrapada no gardalama do seu tractor en Padrenda. O suceso tiña lugar pouco antes das 18:30 horas desta tarde.

“O propio implicado contactou cos axentes da Garda Civil, que á súa vez informaron ao 112 Galicia: ao home quedoulle a perna atrapada entre a roda e o gardalama do tractor que manexaba nunha leira de Padrenda”, informa o 112 Galicia, que, para este operativo, ademais da Garda Civil, tamén solicitou a participación dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e do GES de Ribadavia.

“Precisamente foron os efectivos do Grupo de Emerxencias Supramunicipal os que, pasadas as 19 horas, confirmaban que a persoa estaba xa liberada, tralo que foi atendida polos servizos sanitarios”, indican dende o 112 Galicia

Artigos relacionados

Back to top button