SanidadeÚltima hora

Licítase a adquisición dunha torre de histeroscopia con destino ao servizo de obstetricia e xinecoloxía do CHUO

O obxectivo é mellorar o diagnóstico e tratamento de problemas de saúde xinecolóxica e reprodutiva

 

O Portal de Contratos da Xunta publica, a licitación, por importe de 72.479 euros, da adquisición dunha torre de histeroscopia con destino ao servizo de obstetricia e xinecoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

En concreto, o contrato ten por obxecto a adquisición dunha torre de histeroscopia cirúrxica e un histerioscopio de diagnóstico.

Este equipamento permitirá mellorar o diagnóstico e a extirpación de pólipos endometriais e miomas uterinos, diagnóstico e tratamento de malformacións uterinas e outras causas de infertilidade, diagnóstico e tratamento de sangrado uterino anormal, toma de biopsias e técnicas de ablación, así como o tratamento de complicacións como retención de restos placentarios, enfermidade trofobástica, coriocarcinoma e extracción de DIU.

As empresas interesadas no procedemento teñen de prazo ata o 20 de xullo para presentar as súas ofertas.

 

Back to top button