CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

‘Live Music Session’, xuntanza de músicos vianeses, este sábado 9 de agosto no Bar Caracas (Viana)

 

Tomar unhas copas, conversar cos amigos e tamén tocar. Na noite deste sábado 9 de agosto celebrarase no Bar Caracas, en Viana do Bolo, unha xuntanza de amigos vianeses afeccionados á música para compartir actuación, “pasalo ben e, aproveitando que vén a xente de fóra, amosar os bos músicos que hai no pobo”, din dende o bar.

A partir das 23:30 horas a Live Music Session contará con Javi Basteiro, Eduardo Ávila, Julio Somoza, Marcos Basteiro, Óscar López, Xacobe Ares, Gundi Prol, Aldo García e “algún vianés máis que sorprenderá co seu talento”.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button