CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Lois Pérez achega unha fusión de historias urbanas con poesía rockeira e memoria rural ao “De Perto”

Presentaba neste ciclo barquense o seu espectáculo "Da vara e mais da besta" nos Xardíns da Casa Grande de Viloira

 

Versos rockeiros, relatos urbanos, memoria rural e música, aderezados con boas doses de humor. É a singular combinación de ingredientes que o escritor e contador lucense Lois Pérez empregaba na súa montaxe “Da vara e mais da besta”, que vén de presentar nos Xardíns da Casa Grande de Viloira (O Barco), no marco da 14ª edición do ciclo “De Perto”.

 

 

A función, na que Pérez, arrancaba botando man da guitarra eléctrica e animando ao público ao acompañalo nos coros,  tiña lugar a partir das 20:30h. deste 14 de xullo.

Fotos: A.R.

 

Back to top button