CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Lubián acolle con éxito o XX Festival Folk&Rock nas Portelas

 

Ao longo de dúas xornadas a música tradicional e a folk, pero tamén o rock, marcaban o ritmo na localidade zamorana de Lubián. Acollía o XX Festival Folk&Rock nas Portelas, cun atractivo e intenso programa.

O evento comezaba o 6 de agosto, ás 18h., co encontro de Bandas tradicionais na Horta do Cura, en Lubián. Nesta edición serán catro as participantes: Nova Era de Verín, os Pauliteiros de Miranda do Douro, a A.C. Sta. Columba de Ribadelouro (Tui) e, a anfitrioa, a Banda de Gaitas As Portelas de Lubián.

 

 

 

Pola noite, a partir das 21:30h. o festival trasladábase á Fontarbela, onde o público podía gozar de dous interesantes concertos. O primeiro deles era o de Luar Na Lubre, que traía a Lubián a xira do seu 40 aniversario, na que ademais estrea traballo discográfico. E, nesta ocasión, a actuación tiña un sabor moi especial porque estaba acompañada pola Banda de Gaitas As Portelas. Despois era a quenda do grupo El Naán (Castela e León).

 

 

O festival continuaba o 7 de agosto con outros tres destacados concertos, dende as 21:30h.: Molofolk (Zamora), Trisquel (Valladolid), tamén acompañado pola Banda As Portelas; e Markfeel (Zamora).

Fotos cedidas.

 

Back to top button