A presentadora da Televisión de Galicia Lucía Rodríguez será a encargada, xunto co actor Secun de la Rosa, de conducir a gala de clausura do OUFF · Ourense Film Festival. A xornalista, que esta mañá participou nun encontro cos medios, confesou que «levo moitísimos anos gozando do festival desde fóra e poder ser parte activa esta vez, como ourensá, é un agasallo». Lucía Rodríguez tamén contou que o OUFF foi unha das súas primeiras coberturas como xornalista, hai máis de 20 anos, cando traballaba en prácticas para unha radio local. Por iso, ademais, «presentar a clausura é tomar conciencia de como me cambiou a vida neste tempo».
De novo, será o comunicador Iván Iglesias quen escriba e dirixa a gala, como xa fixo coa de inauguración, co obxectivo de que sexa «simpática e amena e que os presentadores o pasades ben, que iso se transmite ao público», contou no encontro cos medios no que tamén participou. De momento, Lucía Rodríguez dixo estar «moi ilusionada», un sentimento que tamén comparte Secun de la Rosa, según lle contou en varias conversas.
Sobre a 30º edición do festival, tanto director como presentadora coincidiron en subliñar que está a ser un exitazo. «Hai moitísima implicación da xente nova, que perciben o festival como a meca do cine dentro de Galicia», comentou Rodríguez.

Adolfo Domínguez
O talento ourensán tamén estará presente na gala de clausura da man da marca Adolfo Domínguez, que vestirá a Lucia Rodríguez e a Secun de la Rosa. A presentadora non quixo dar moitos detalles, pero si asegurou que vai levar «algo nunca visto» nela, «que rompe coa imaxe que se ten dun vestido de gala». Tamén subliñou a honra que supón «defender algo que é moi noso, que se fai aquí», en relación á marca ourensá.
Pola súa banda, Iván Iglesias quixo agradecer a labor dos patrocinadores, que fan posible a celebración deste festival. A 30º edición do O OUFF · Ourense Film Festival estase a celebrar ata o 5 de outubro de 2025 coorganizado pola Deputación de Ourense e a Asociación Luarada, e co apoio da Xunta de Galicia, Hijos de Rivera, ABANCA, Gadis, AISGE, Radio Televisión Galega, La Región e APERSA.
Xornalista ourensá
Lucía Rodríguez (1983) naceu en Castro Caldelas (Ourense) e estudou Xornalismo e Locución na Universidad Pontificia de Salamanca. Antes da TVG, traballou en Onda Cero, Cazavisión, Antena 3 Televisión, Veo 7 e Telemadrid. Na Televisión de Galicia presentou, entre otros, Aquí Galicia, Adivina quen vén esta tarde ou Sabadeando.
A presentadora da Televisión de Galicia Lucía Rodríguez será a encargada, xunto co actor Secun de la Rosa, de conducir a gala de clausura do OUFF · Ourense Film Festival. A xornalista, que esta mañá participou nun encontro cos medios, confesou que «levo moitísimos anos gozando do festival desde fóra e poder ser parte activa esta vez, como ourensá, é un agasallo». Lucía Rodríguez tamén contou que o OUFF foi unha das súas primeiras coberturas como xornalista, hai máis de 20 anos, cando traballaba en prácticas para unha radio local. Por iso, ademais, «presentar a clausura é tomar conciencia de como me cambiou a vida neste tempo».
De novo, será o comunicador Iván Iglesias quen escriba e dirixa a gala, como xa fixo coa de inauguración, co obxectivo de que sexa «simpática e amena e que os presentadores o pasades ben, que iso se transmite ao público», contou no encontro cos medios no que tamén participou. De momento, Lucía Rodríguez dixo estar «moi ilusionada», un sentimento que tamén comparte Secun de la Rosa, según lle contou en varias conversas.
Sobre a 30º edición do festival, tanto director como presentadora coincidiron en subliñar que está a ser un exitazo. «Hai moitísima implicación da xente nova, que perciben o festival como a meca do cine dentro de Galicia», comentou Rodríguez.
O talento ourensán tamén estará presente na gala de clausura da man da marca Adolfo Domínguez, que vestirá a Lucia Rodríguez e a Secun de la Rosa. A presentadora non quixo dar moitos detalles, pero si asegurou que vai levar «algo nunca visto» nela, «que rompe coa imaxe que se ten dun vestido de gala». Tamén subliñou a honra que supón «defender algo que é moi noso, que se fai aquí», en relación á marca ourensá.
Pola súa banda, Iván Iglesias quixo agradecer a labor dos patrocinadores, que fan posible a celebración deste festival. A 30º edición do O OUFF · Ourense Film Festival estase a celebrar ata o 5 de outubro de 2025 coorganizado pola Deputación de Ourense e a Asociación Luarada.