CulturaCulturaÚltima hora

Lucía Vargas e Lino Salsón presentan no Barco o seu libro de relatos e poesía “Entre tú y yo”

A presentación será mañá, 9 de abril, ás 19:30 horas na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco de Valdeorras

 

 

Mañá, xoves 9 de abril, ás 19:30 horas, presentarase na Biblioteca Florencio Delgado Gurriarán do Barco de Valdeorras, o libro Entre tú y yo, dos autores Lucía Vargas e Lino Salsón. O acto será conducido polo teólogo e historiador, Isidro García Tato e o psicólogo e profesor da Universidade de Vigo, Hipólito Puente Carracedo.

Natural do Bierzo e afincada en Palencia, Lucía Varras é diplomada en Traballo Social, na especialidade de Psiquiatría, desenvolvendo gran parte da súa actividade profesional en San Juan de Dios, Unidade de Saúde Mental San Miguel e Unidade de psiquiatría de San Telmo. A nivel persoal, impulsou a creación da Asociación de Familiares de Enfermos Psíquicos (FEAFES) no ano 1994 e no 2011 fundou a Asociación Palentina de Axuda ás Vítimas de Acoso (PAVIA).

É autora de Los apodos de Baltanás y sus orígenes, a súa primeira obra publicada en 1999 e conta con varios premios. No 2010 foi finalista no II Concurso Nacional de Relatos Mujeres Viajeras con El viaje que nunca existió e no 2025 foi premiada, no XII Certamen Literario Manuel Marzoa co relato El Zángano mayor del reino. Actualmente, colabora en Radio Internacional.tv e Radio Colores participando como guionista e intérprete en diferentes espacios, adaptando textos propios doutros autores.

 

 

Lino Salsón é galego pero a súa vida transcorre entre a localidade leonesa de Alija del Infantado, Madrid e Palencia. Ten participado en varios concursos literarios sendo finalista no de La noche de Pilar Socorro, RNE (2008) co poema Te llamé y dijiste sí. Tamén gañou o primeiro premio de relato EDITNOVEL con El Enigma del cuaderno (2012); e o seu poema Polvo de estrellas consegue o primeiro premio na modalidade de Poesía no Concurso de Relato e Poesía Manuel Marzoa (2019).

No ano 2009 participa na antoloxía colectiva impulsada polo Centro de Estudos Poéticos titulada Impresiones y Recuerdos; no 2020, publica sa súa primeira novela Muerte en primavera; e no 2023 colabora na publicación da antoloxía literaria, impulsada pola Universidade Popular de Palencia (UPP).

Xuntos escribiron Entre tú y yo, libro de relatos e poesía en clave de humor que tras ser presentado en diferentes puntos de Castela León, chega a Valdeorras.

Back to top button