
Dende figuras como o rei Alfonso XIII, ata artistas e escritores e xentes comúns. Ao longo dos seus 120 anos eran multitude as persoas que se aloxaban no Gran Hotel de Francia e no Hotel de España, un herdeiro do outro, na cidade da Coruña, nunha etapa comprendida entre finais do século XIX e primeiros do século XXI. Moita xente e, con ela, moitas historias ligadas estes establecementos de hospedaxe.
Nelas afonda o escritor Luis Manuel Gurriarán, natural do Barco, no seu novo libro “Del Gran Hotel de Francia al Hotel España” (Publicaciones Arenas, 2025), intercalado tamén con diversas fotografías. A obra, que saía do prelo a comezos deste ano, presentarase o vindeiro 11 de xullo ás 19:30h. no Casino do Barco, nun acto promovido polo Instituto de Estudios Valdeorreses (IEV) e Publicaciones Arenas.
Neste acto, o autor barquense estará acompañado polo presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado.
É a quinta publicación deste escritor barquense, con dúas novelas no seu haber (La Ruta de Las Estrellas e ¿Lidia o Victoria? ), ademais da guía Rutas por Galicia e da publicaciónLa verdadera historia de la puta mili.
