Elección galegas 18F - 2024PolíticaÚltima horaVídeos

Luis Menor: “Non lle imos fallar a Ourense, como Ourense non nos fallou a nós”

O líder provincial do PP de Ourense destacaba, xunto á cabeza de lista pola provincia, Elena Rivo, e entre aplausos na noite do 18F os 8 deputados logrados polo partido

 

A sede do PP de Ourense era unha festa na noite do 18 de febreiro. Entre aplausos os representantes desta formación política na provincia, con Luis Menor e Eleva Rivo, número 1 da lista ás eleccións galegas, á cabeza comparecían para valorar os resultados do 18 de febreiro da provincia, onde este partido conserva os seus 8 deputados.

 

 

“Nunhas circunstancias diferentes ás doutras provincias, en Ourense conseguimos manter os 8 deputados e o PP logra manter a súa primeira maioría absoluta con Alfonso Rueda e a quinta do partido en Galicia, iso é algo histórico. Fixemos unha gran campaña, de gran mobilización, e na que levamos con absoluta humildade e realismo a mensaxe do PP a todos os recunchos da provincia. Con eses 12 actos diarios chegamos a todas partes e volvemos recuperar nese acto final o pavillón dos Remedios o que demostra que este partido é único e invencible”, destacaba o presidente da Deputación de Ourense e da xestora provincial do PP, Luis Menor.

 

 

Ademais expresaba o seu agradecemento “a todos os ourensáns que nos seguen apoiando” e aseguraba que “defender á provincia de Ourense vai a ser o noso obxectivo e temos que defendela con absoluta firmeza. Non lle imos fallar a Ourense, o mesmo que Ourense non nos fallou a nós”. Finalmente, Luis Menor expresaba o seu agradecemento a todo o equipo que fixo posible esta campaña electoral”.

 

 

Tras el tomaba a palabra a cabeza de lista pola provincia, e deputada electa, Elena Rivo, quen reiteraba o agradecemento a todo o equipo de Luis Menor, pero tamén a todas as persoas que participaron nesta campaña electoral, cunha mención especial para os concelleiros e os alcaldes, “porque sen o apoio de todas estas persoas non conseguiríamos nada”.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button