Nesta tarde o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, realizaba unha visita á sede da Asociación de Mulleres Rurais San Martiño de Viloira (O Barco), situada moi preto da praza Ramón Otero Pedrayo. Alí era recibido pola presidenta da entidade, María del Carmen García, quen guiaba a Menor polas instalacións onde algunhas das súas 150 asociadas estaban a realizar actividades de pintura e ioga.
Menor estaba acompañado pola deputada delegada especial para Valdeorras, María del Carmen González. Dese xeito, o presidente coñecía de primeira man as actividades de envellecemento activo que realizan neste espazo as integrantes deste colectivo.

Neste contexto, o presidente provincial puxo en valor “o impagable labor das mulleres rurais, fundamentais para a cohesión social, a dinamización do territorio. A asociación agasallaba ao presidente cunha petiscada ao termo da visita.
Fotos: A.R.