CulturaCulturaÚltima hora

Luis Piedrahita enche o Teatro Lauro Olmo do Barco con “Apocalípticamente correcto”

 

O Teatro Lauro Olmo do Barco retomaba o 18 de setembro a súa programación co espectáculo  “Apocalípticamente correcto” do humorista Luis Piedrahita. Nel reflexiona, co seu particular estilo irónico e surrealista, sobre se realmente somos libres para decidir o noso destino ou se todo está xa escrito. Con temas tan variados e aparentemente inconexos como os horóscopos, as autocaravanas, as anguías eléctricas, o pelo pubiano, o leite de soia, a chuvia ou a liberdade de expresión, o espectáculo convida o público a unha hilarante peregrinaxe polas praderías do absurdo e da imaxinación.

A función esgotaba as entradas, enchendo o Teatro Lauro Olmo.

Fotos cedidas.

 

Back to top button