Despois de case trinta anos de traxectoria profesional na Residencia Natividad de María (da Fundación Valdeogodos) en Vilamartín, a súa directora, María Teresa Rodríguez, deixa este posto para iniciar unha nova etapa noutro dos centros da fundación: a Residencia de Maiores de Quiroga.


Con motivo disto, os seus compañeiros organizábanlle unha cea de homenaxe e agradecemento. Era ademais unha sorpresa, coidadosamente organizada, para despedila.
Celebrábase na noite de 15 de novembro no Complexo Hostaleiro Paladium de Vilamartín, onde María Teresa entraba nunha sala a escuras e atópase, de súpeto, con medio cento de persoas que a recibían entre aplausos e con numerosas mostras de cariño. Entre elas había compañeiros e compañeiras pasaron pola residencia ao longo destas tres décadas e que agora xa non están, e outros que aínda continúan.

Ademais das sorpresas, na velada non faltaban tampouco os agasallos.
Fotos e vídeo: O SIL excepto as tres últimas da galería que son cedidas.

