En tempo de castañas, a Asociación de Amas de Casa O Teixadal, do Barco de Valdeorras mantense fiel ao seu tradicional magosto arredor das castañas asadas pero tamén dunha completa merenda na que non faltan os chourizos cocidos con pan e os exquisitos postres caseiros.
Nesta ocasión as preto de medio cento de socias asistentes eran sorprendidas con catro doces: brazo de xitano, pestiños, buñuelos e torta imperial.

Fotos: Mónica G. Bellver e cedidas.