PolíticaÚltima hora

Magosto do PP de Verín

 

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, participaba esta tarde en Verín no magosto dos populares locais, no que puxo en valor a “unión” e a “forza” do PPdeG como “gran motor de cambio” para que o próximo 29 de novembro o presidente do PP nacional, Alberto Núñez Feijóo, se converta no presidente do Goberno de España. Así llo trasladou a afiliados, simpatizantes e veciñanza verinesa.

 

 

Acompañada polo presidente provincial do PP de Ourense, Luis Menor; o candidato do PP á Alcaldía de Verín, Víctor Baladrón, e a presidenta da Xunta Xestora local, Luisa Valladares, compartiu cos veciños e veciñas esta tradicional festa na que aproveitou para defender que o PP de Verín “estará á altura dos seguintes retos electorais, xa que despois das Eleccións Xerais, cómpre estar listos e coa maquinaria de sempre engraxada” de cara ás municipais.

Back to top button