ConcellosÚltima horaVilamartín

Magosto no Centro Sociocultural Santa Lucía, en Vilamartín de Valdeorras

 

En torno a dúas actividades de outono xiraba a programación da ANPA do CEIP Xosé Manuel Folla Respino, en Vilamartín de Valdeorras, para esta fin de semana festiva, coa colaboración do Concello.

O venres pola tarde tiñan un obradoiro para decorar cabazas cunha merenda terrorífica arredor do Samaín no local da praza, especialmente dirixido ao público infantil; e na tardiña do sábado o tradicional magosto no Centro Sociocultural Santa Lucía, para toda a veciñanza con bolos preñados, castañas asadas, bica, viño, auga, refrescos e licores.

 

 

Fotos cedidas.

Back to top button